Amigos da cociña galega

Sobre nós

Benvidos a Amigos da Cociña Galega, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo único fin é o de preservar o gran patrimonio cultural que herdamos en forma de gastronomía.

Dende a nosa fundación en 1980, buscamos promover e defender o riquísimo legado culinario de Galicia. A nosa historia comeza con Pepe Solla pai, cuxa visión e compromiso inquebrantable coa gastronomía tradicional galega sentaron as bases da nosa Asociación.

Nunha era dominada por tendenzas culinarias modernas que ás veces se centran máis na elaboración e presentación, Amigos da Cociña Galega reivindica a esencia da nosa cociña: a mellor calidade e a autenticidade dos produtos. Produtos galegos de calidade.

Cada un de nós quere ser unha embaixada, un bastión da tradición gastronómica galega. En nosos “lares”, permanecemos fieis ás receitas que herdamos xeración tras xeración. Aquí seguen vivas e preparadas co mesmo afecto e respecto de antano.

Esta é a nosa maneira de facer as cousas. O noso compromiso cos que nos precederon e cos que están por vir.

“Onde se come ben, vívese ben”

– Emilia Pardo Bazán

A nosa historia

Amigos da Cociña Galega naceu como resultado dun concurso chamado I Semana de Gastronomía Galega, celebrado na provincia de Pontevedra en 1976, no que participaron os restaurantes galegos máis prestixiosos da época.

E xa en 1980 formalizouse e rexistrouse no Ministerio do Interior como Asociación Benéfico-Cultural, sendo os seus socios fundadores D. Manuel Domínguez Limeres, do Restaurante Combarro de Madrid; D. Ramón Porto Vilas dos Restaurantes Casa Vilas e Anexo Vilas en Santiago de Compostela; D. José González Solla da Casa Solla de Poio; D. Jorge Victor Sueiro, xornalista; D. Santiago Martínez González do Restaurante Sanmiguel en Ourense; D. José Simón Pintos González da Casa Simón en Cangas de Morrazo; D. Alberto García García do Mesón de Alberto en Lugo; D. Jerónimo Riera Besada do Restaurante Cíes en Canido (Vigo); D. José Rodríguez Prieto do Restaurante La Barra en Lugo; D. Argentino Aguiar Boullosa do Restaurante Puesto Piloto Alcabre en Vigo; e D. Cándido Iglesias-Barciela do Restaurante Rías de Galicia en Barcelona.

Tras unha etapa inicial en 1993, Don José González Solla, Pepe Solla pai, asumiu a presidencia e a dirección de Amigos da Cociña Galega, que, xunto cos principais membros fundadores, desenvolveu unha actividade frutífera e próspera destinada a promover Galicia, a súa cociña tradicional e a súa adega. Desde a edición de libros de receitas até a participación en charlas, mesas redondas, conferencias e demostracións culinarias en Festivais Gastronómicos, Congresos e Feiras Internacionais con axuda da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, FROM, Turespaña…

O Pabillón Galego na EXPO’92 en Sevilla foi dirixido por Amigos da Cociña Galega, conseguindo o 2º Premio entre todos os establecementos instalados na exposición, e o recoñecemento unánime pola calidade dos seus produtos, a presentación do servizo e a atención ao público.

En 2020, faleceu Don Pepe e con el desapareceu un dos maiores representantes e defensores da tradición culinaria de Galicia. Unha perda que, sen dúbida, deixa Amigos da Cociña Galega orfo.

Premios e recoñecementos

A Asociación é membro de AREGALA – Asociación de Restaurantes, Enólogos y Gastronómicos de América Latina y España-, con sede en Perú.

Foron concedidos moitos premios e distincións a Amigos da Cociña Galega, entre os que destacamos os seguintes:

PREMIO NACIONAL DE GASTRONOMÍA

MEDALLA DE PRATA DE GALICIA

PLACA DE PRATA AO MÉRITO TURÍSTICO DA XUNTA DE GALICIA

PREMIO ALIMARA DO INSTITUTO DE ESTUDOS TÉCNICO-TURÍSTICOS DE BARCELONA

PLACA DE PRATA DO ALBARIÑO

RECOÑECEMENTO Á CALIDADE DA EXPO DE SEVILLA "92".

TROFEO AL BUEN HACER DA FEIRA DO MAR DE VIGO

PERCEBE DE OURO DA ENXEBRE XUNTANZA DO PERCEBE DE BARCELONA

Xunta directiva

En outubro de 2016, unha nova mesa directiva asume a difícil tarefa de honrar e manter vivo todo polo que loitou Solla pai: A cociña tradicional de Galicia.

Un equipo que, pandemia tras pandemia, trata de voltar a ser a referencia da cociña galega no mundo, e así estar á altura do seu nome.

Francisco Javier Outomuro Castro

Presidente · A Taberna de Ourense

Francisco Gómez González

Vicepresidente · Pulpería a Feira de Ourense

Ángel Fernández

Secretario · Restaurante Trives

Contacto

Tes algunha dúbida? Podes contactar con nós a través do formulario de contacto ou a través do email: administracion@amigosdacocinagalega.gal